O pasado día 29 de Setembro as alumnas e os alumnos de primeiro e de segundo do Torre Illa fomos visitar as Adegas Zárate. Moitos de nós non sabíamos o que era vendimar, por iso as nosas mestras decidiron levarnos e ver in situ en que consiste.
Ao chegar recibíronnos Rebeca e Eulogio na súa finca e xa nos tiñan todo preparado. Déronnos unhas tesoiras e un cubo onde botar as uvas que recolleriamos e directos ás parras! Cortamos un montón de acios e pasámolo xenial.
Cando rematamos, fomos as adegas. Alí vimos o que ocorre coa uva dende a súa chegada: a pesan, quíntanlle o raspón, a prensan, meten o mosto en barricas...
Nós traballamos a uva da forma tradicional: pisándoa. Descalzámonos e a pisar as uvas! Foi unha sensación moi rara pero encantounos.
Ensináronnos todas as instalacións e explicáronnos moi ben todo o proceso.
Así rematou a nosa visita: con ganas do vindeiro Setembro para poder repetir a experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario