O venres veu Paula a mestra composteira cunha sorpresiña. Traíanos unhas miñoquiñas!! Xunto cos insectos pau e os gusanos de seda estamos facendo o noso pequeno zoolóxico na aula.
As miñocas necesitan un hogar en condicións polo que aquí tendes como o fixemos:
Cando deixamos listas e acomodadas as miñocas achegámonos ao novo horto do cole. Somos os primeiros en plantar! Que sorte!
E que plantamos? Pois primeiro transplantamos os allos que tiñamos nas macetas, mirade como creceron...
E, despois, plantamos unhas ceboliñas. Iremos informándovos tamén da sea evolución.
E, finalmente, botamos toda a materia orgánica que acumulamos esta semana no composteiro. Ao composteiro encántalle a semana da froita! Nunca tantas mondas comeu...
No hay comentarios:
Publicar un comentario