Xoves 15 de Febreiro do 2018, son as 09:15 da mañá, soa o timbre de entrada, subimos o primeiro piso, subimos ao segundo e... TACHÁAAAAAAN! Menuda sorpresa! Todo está preparado para que votemos.
Xa estamos todas e todos: presidenta, vogais e interventoras e interventores. Xa podemos constituir a mesa electoral e facer a correspondente acta.
As e os compañeiras/os de 2º B constitúen a súa mesa e espérannos nerviosas/os. O que non saben é que nós o estamos máis.
Comezamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario