Xa estamos de volta! Temos por diante 9 meses que nos depararán marabillosos acontecementos, novas amizades, novos aprendizaxes, novas ilusións... e todo isto acompañado de moita, moita diversión.
Como sodes nenos e nenas, o que máis nos preocupa ás mestras é que o pasedes ben e disfrutedes todos e cada un dos días que vindes á escola, por iso este ano imos a gamificar, isto é, levar técnicas e dinámicas propias dos xogos a outros espacios, no noso caso, á aula. Para que nos vai servir isto a nós? Para motivalos, para activar a súa aprendizaxe e para que desfruten como o que son, nenas e nenos.
A primeira forma de enganchalos foi a carta que vos chegou ás vosas casas:
Xs están enganchadas/os e queren máis e máis. A seguinte mensaxe chegounos por correo electrónico á escola. Aquí volo amosamos:
Iremos informado os seguintes pasos, estade atentos porque os monstros aínda están soltos!
As titoras
No hay comentarios:
Publicar un comentario