Esta semana ocorréusenos que sería moi guai disfrazarnos de Wally no Entroido. Non sabíamos se a él lle parecería ben, por iso decidimos escribirlle outra carta para preguntarlle.
Días mais tarde, Wally respondeunos e esta foi a nosa reacción ao ver que tiñamos correo...
Na carta contounos que estaba encantado co disfraz e que se queríamos coñecer os complementos tiñamos que participar nos seus desafíos.
Wally regalounos ademais un mapa mundi para que poidamos seguir as suas viaxes dende a nosa aula.
O reto desta semana era averiguar como se chama o can de Wally e quen foi o seu creador.
Podedes axudarnos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario