viernes, 29 de noviembre de 2019

COMO TRABALLAR UN CONTO

Ola somos o grupo 3 ,chamamosnos  Yanira, Carlos, Aurea,  Oscar, Mara e Eloy.
Imos ensinarvos a idea que tubo a nosa mestra Fátima para utilizar cando lemos un conto.
Aquí vos deixamos:




Vos gustan?A nós si .No primeiro cartel hai que poñer o título. O título e “A min non me comas”. Xa vos lestes este libro? Volo recomendamos!.O segundo paso é poñer o protagonista e o obxectivo que ten.O protagonista é Mateo e o obxectivo e derrotar ao monstro. O seguinte paso é poñer a presentación da situación. No noso conto é Mateo que tiña medo de durmir so. Cal é a presentación do conflito? Tendes que poñer o opoñente e que fai. O noso é o monstro que se come a todos!
Xa que temos a presentación do conflito poñemos como o soluciona o axudante e como o axudou.
O axudante foi a nai de Mateo. Axúdao durmindo con el e falando.
Veña que xa imos polo último paso: a situación de calma final. A nosa é que o monstro devolveulle a súa familia e Mateo gardou os abrigos no armario.
Se non gardades os abrigos no armario apareceravos o montrooo!.

Esta foi a idea da mestra. Esperemos que o fagades vós tamén.
Ata logo!

Áurea, Mara ,Yanira, Óscar, Carlos e Eloy.

No hay comentarios:

Publicar un comentario