martes, 28 de enero de 2020

A HORTA DE ALINE

Un novo curso o alumnado do C.E.I.P Torre-Illa comezou a traballar na Horta de Aline.

No mes de novembro iniciamos o traballo que levaremos a cabo ao longo do curso.

A nosa primeira tarea consistíu en preparar o terréo coa axuda de Aline que nos axudou a sacar as malas herbas, arar e remover o terréo.

 O primeiro que prantamos foron  repolos, coliflores, allos, cebolas vermellas, porros e , por último, esta semana patacas.

Esta semana tamén viñeron duas mestras composteiras a explicarnos como funciona o composteiro. Se queredes saber como se fai, seguide leendo.




Primeiro explicáronnos que había que colocarlle unha malla metálica con buratiños pequenos para que non entraran os ratos, pero si o poidan facer os bichiños pequenos, como por exemplo, as lombrigas.



A continuación botamos unha capa de follas secas dentro do composteiro para facer unha cama mullidiña sobre a que comezar a botar os restos orgánicos.




No outro composteiro, no que xa comenzaran antes os compañeiros e compañeiras a botar restos orgánicos, introduxemos un termómetro para ver a súa temperatura, e puidemos ver que como había pouca materia orgánica, non subeu moito.

Nun tempo volveremos a probar e seguro que a temperatura sube moito máis.

O seguinte paso foi botar restos orgánicos como mondas e pepitas das froitas que tomamos na merenda.



Despois con outro utensilio que se chama aireador, remeximos todo.


E por último botamos follas secas para tapar e regamos un pouco.



Agora temos que seguir enchendo os composteiros cos restos que vaimos xerando nas nosas merendas.

Animádevos! 


Claudia Ríos, Alén, Emma e Mauro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario