Ola chicos e chicas, nós somos Eloy, Áurea, Manuela, Iker, Irene, e Rafa e na nosa clase estamos aprendendo a describir paisaxes. Aquí temos unha foto dunha paisaxe da praia do Faro e imos describila.
Esta paisaxe é de costa baixa,
sitúase na Illa de Arousa na praia do Faro.
É unha
paisaxe fermosa, e a súa praia é natural con algúns elementos artificiais. Ao
fondo vese un faro de cor branco, co teito de cor laranxa. O Faro tamén é
un restaurante. Ao lado do Faro hai un almacén gris. Para subir e baixar
ao Faro hai un camiño de pedra con herba verde. Máis adiante hai auga
cristalina e vense pedras que saen á superficie. A area é de un amarelo moi
claro.
En
primeiro plano hai unha barca marrón recién pintada. Á dereita pon o nome da
barca que se chama Sandrita, que bonito nome lle puxeron. A barca esta
enriba da herba verde escura e alta con algunhas flores. Dentro da barca hai
uns asentos marróns e uns remos tamén marróns.
O que máis destaca
desta foto e a auga cristalina e o Faro porque son moi fermosos.
A nosa sensación é de
alegría porque é un sitio moi natural , escóitanse paxaros, a brisa; é moi
relaxante.
A nosa opinión e
que esta paisaxe é moi fermosa.
Esperamos que vos
gustara a nosa descrición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario