miércoles, 14 de octubre de 2020

O CORPO HUMANO

Boas tardes nenas e nenos de primeiro e benvidos/as ao que durante este curso será o voso blogue! 

Este será un lugar para visitar coas vosas familias para que lle ensinedes algunhas das cousas que facemos na aula no noso día a día.

Subiremos actividades, fotos e vídeos para compartir con todas as persoas que vós queirades.

A primeira actividade está relacionada con ciencias aturais. Levamos uns días traballando as partes da cara e agora que xa sabedes como se chaman, a ver se sodes quen de saber a solución destas adiviñas.


Trinta e dúas cadeiras brancas

nun vello comedor,

e unha vella parlanchina

que as pisa sen temor.

Teño un tabique no medio

e dúas ventás aos lados

polas que entra o aire puro

e sae xa respirado.

Un é superior

o outro é o inferior

sen dicir nunca nada

moito se queren

por iso sempre se besan.


Que tal vos foi? Agora é a vosa quenda. Os pasos para a vosa actividade son:

1. Tendes que inventar unha adiviña xunto cos vosos pais e nais dunha parte da cara que vós queirades.

2. Aprender de memoria a vosa adiviña para poder recitala.

3. Mamá, papá, tía... deberá gravarvos co móbil ou coa tablet recitando a adiviña pero, sen dicir a resposta.

4. Entrar na aula virtual do cole (se premedes na imaxe de abaixo xa entraredes) e subir o vídeo que vos gravaron para que todos podamos vervos. 

Aquí tendes un titorial para saber como manexarvos na aula virtual.

Animádevos a participar!



No hay comentarios:

Publicar un comentario