Este ano o colexio participou no Pan Proxecta Aliméntate Ben, o cal está centrado en ensinarlle a alumnado unha forma de vida saudable, consumindo alimentos da zona e explicándolle os seus beneficios.
Tivemos varias charlas e visitas.
A primeira delas consistiu en explicar diferentes tipos de pescados e moluscos. Aprenderon cousas como a forma de capturalo, que beneficios aporta á nosa saúde e de que formas podemos comelos.
Tan ben se portaron estes e estas rapazas que decidiron volver pero esta vez a concienciarnos tamén da importancia de coidar o mar do cal sacamos alimento.
Cada quen elaborou tamén un menú saudable para o almorzo, o xantar e a cea.
Finalmente, regaláronnos un bocata feito de sardiñas, leituga, tomate e queixo. Estaba boísimo!
A última actividade que fixemos foi a visita ao porto e a lonxe do porto do Grove. Alí ensináronnos as nasas que utilizan para pescar, a saber a que se dedican os barcos dependendo das súas matrículas, fixemos unha puxa dentro da lonxa, visitamos a praza onde puidemos ver moitos pescados e mariscos e, finalmente, déronnos unha merenda elaborada con produtos dos mar.
Foi unha saída xenial na que aprendemos moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario