Boas Super Eolos e Mega Turbinas!
Sóavos de algo esta paisaxe? Poi si, é unha paisaxe da Illa de Arousa. Seguide lendo para saber que tendes que facer con ela.
Esta vai ser a primeira tarefa de lingua:
- Realizaredes nas vosas libretas de Lingua Galega unha descrición desta paisaxe tan fermosa.
- Lembrade seguir todos os puntos para facela:
1º) Un parágrafo no que expliquedes que é esta imaxe, onde está sacada e como é a mesma (adxectivos)
2º) Explicamos detalladamente a imaxe comezando polo fondo
ata o primeiro plano.
3º) Centramos a nosa atención en algo da imaxe.
4º) Que sentimentos nos proporciona? Cal é a nosa opinión sobre este lugar?
- Non esquezades a boa presentación e a boa letra.
Moito ánimo e bicos das vosas mestras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario