- Ler o seguinte texto un par de veces.
- Pensar cal vai ser o título principal e cales os secundarios.
- Escribir todos os subtemas que queredes que aparezan.
- Facédeo nunha folla en sucio para poder facer os cambios necesarios antes de facelo en limpo.
- Fixádevos nas cores que utilicei para axudarvos un pouquiño.😊
As paisaxes naturais son aquelas nas que o ser humano non interveu en absoluto.
Unha paisaxe natural tarda moitos anos en cambiar. Estes cambios prodúcense debido:
- a auga da chuvia ou dos ríos desgasta o chan e arrastra rochas. Isto chámase erosión;
- o vento desgasta as montañas e arrastra terra dun lugar a outro;
- a temperatura e as chuvias. Dependendo de ambas haberá máis ou menos plantas.
Os elementos que podemos apreciar nunha paisaxe natural son:
- o relevo, que pode ser montañoso ou chan;
- a auga, nos ríos, lagos, mares...
- a vexetación, árbores, arbustos, herbas...
- a fauna, os animais que hai en cada lugar.
As paisaxes humanizadas son as que si sufriron a intervención do ser humano.
Poden ser: paisaxes agrarias, paisaxes industriais e paisaxes urbanas.
As paisaxes agrarias son aquelas que se forman cando as persoas cultivan a terra. Os elementos que nos atopamos na paisaxe agraria son:
- os campos, que son os lugares onde se cultiva a terra;
- os pobos, onde vive a xente que traballa no campo; e
- os camiños e estradas, para comunicar os pobos e os campos.
As paisaxes industriais son aquelas que teñen industria. Os elementos que a forman son:
- as fábricas e os talleres;
- as vías de comunicación;
- as conducións de petróleo, gas e electricidade
As paisaxes urbanas son as que non teñen elementos do campo. Estas cambian continuamente. Os elementos destas paisaxes son:
- os edificios e as casas, onde viven ou fan vida (super, cole, tendas...) os habitantes das cidades
- as rúas;
- os barrios das cidades.
Este exercicio o podedes facer nun folio, na libreta ou nunha destas opcións que vos dou:
- APPS para a tablet ou o móbil: Mindmeister (a que usastes na clase)e Popplet para Ipad e, miMind para Android.
- PÁXINAS ORDENADOR: Canva, Creatly, Bubbl.us, Draw.io
Unha vez a teñades sería interesante que a mandarades ao blog para ver que tal vos foi a actividade e poder ensinala aos demais.
Ademais, como sempre aquí tendes os enlaces:
- PÁXINAS ORDENADOR: Canva, Creatly, Bubbl.us, Draw.io
Unha vez a teñades sería interesante que a mandarades ao blog para ver que tal vos foi a actividade e poder ensinala aos demais.
Ademais, como sempre aquí tendes os enlaces:
O vídeo de hoxe axudaravos a debuxar o seguinte unicornio paso a paso:
Os deberes para o fin de semana son os seguintes:
1º- Accede á páxina do teu curso:
4ºA: Tipos de paisaxes
4ºB: Paisaxes
2º- Comeza pola parte de arriba da columna e vai facendo o que se manda ata que chegues á parte de abaixo de todo.
Falamos o luns! Un bico enorme
No hay comentarios:
Publicar un comentario