martes, 17 de marzo de 2020

ACTIVIDADE SOCIAIS

Ola!! Como estades levando a cuarentena? Tendes que ter algo de paciencia, sabemos que é duro non poder saír da casa e non xogar cos vosos compañeiros e compañeiras. A verdade é que as mestras botámosvos un montón de menos, de aí a actividade que vos propoñemos hoxe.

Que vos parece si cada un de vós se grava un vídeo co móbil ou un audio explicando a parte que lle corresponde do traballo das paisaxes?
Non vos preocupedes porque o que vos tocou non vaia todo seguido, xa nos encargamos nós de ordenalo e que quede un vídeo ben chulo. 
Se mandades todos a vosa parte, nós crearemos o vídeo e o subiremos aquí para que vexades o traballo dos demais.
Desta forma podedes vervos entre vós e que pareza que a distancia é máis curtiña.

Moitos bicos e apertas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario