Bos días!! 😊
A actividade proposta para hoxe e para o fin de semana é diferente para 4ºA e para 4ºB xa que cada clase está lendo un libro diferente. Aí van:
4ºA: O QUE NUNCA CHE CONTARON
Lede o capítulo III e despois respondedes estas preguntas na libreta de lingua. Intentade no mirar polo libro pero, se algunha non vos acorda podedes consultalo.
Copiamos as preguntas en negro e respondemos en azul, vale? As preguntas son as seguintes:
- Cal foi o primeiro invento de Ferguson?
- Que pediu como cobro do mesmo?
- Que pediu a cambio pola idea da roda?
- E polo arado?
- E polo barco de vela?
- Cal foi a idea que lle deu aos irmáns Wright?
- En que lle axudou a Colon?
- Cal foi o prezo?
E aquí tendes o traballo do capítulo III. Se tendes folios na casa o podedes facer do mesmo xeito que os anteriores, utilizando medio folio para cada exercicio. se non tendes folio, o faredes do mesmo xeito pero cunha folla da libreta. Os exercicios do traballo son:
- Portada
- Pensa nun invento práctico para ter na aula (un afía que afía soa, un robot recolledor de cadernos...). Debúxao e explica o seu funcionamento.
- No capítulo falan dunha pintura rupestre. Fai o debuxo. Recorda as cores que se usaban naquela época.
- Vendo o prezo que Ferguson pedía polas ideas, imaxina o que pediría a cambio cando axudou a crear:
- un boli:
- unha taza:
- os pantalóns:
- o coche:
- o móbil:
- a pelota:
- o periódico:
- o espello:
- a lavadora:
Recordade que esta actividade é para hoxe e todo o fin de semana, non a fagades á presa que hai tempo.
Sede curiosiños e facede un bo traballo.
4ºB: BRUXA E FAMILIA
Bos días! Logo de ler os capítulos III e IV, na libreta de Lingua Galega contestaredes as seguintes preguntas:
IMPORTANTE:
- Antes de empezar a facer esta actividade, le todo ata o final e logo vai facendo as diferentes tarefas por partes.
- Procura non mirar polo libro.
- Copia as preguntas en negro e as respontas fainas en azul.
- Fai un título no que se vexa o título do libro e o capítulo.
CAPÍTULO III
1ª) Que animal é Sétima e como é?
2ª) Que fai Bruxa cando atopa unha araña?
3ª) Por que se sorprendeu Bruxa ao contarlle as patas a Sétima?
4ª) Ata onde chega a tea de Sétima e cal é a súa cualidade?
5ª) Para quen é unha trampa mortal a tea? Que animal é?
6ª) Na casa de Bruxa hai outra araña. Como se chama e en que se diferencia de Sétima?
CAPÍTULO IV
1ª) Explica coas túas palabras o significado da seguinte frase: " No verán, as moscas son as donas da casa."
2ª) En que época desaparecen as moscas e que fan para despedirse?
3ª) Por que son útiles as moscas?
4ª) Que é o que máis divirte á mosca de inverno?
5ª) Que pode ocurrir se esmagas unha mosca?
6ª) Bruxa pensa en poñer un aviso sobre a presenza de Cornucopia. Que quere poñer nel?
Agora vas continuar co traballo que estabas a facer.
Primeiro elabora a portada dos dous capítulos na mesma cuartilla, coma nos capítulos anteriores.
CAPÍTULO III: SÉTIMA
1º) Fai un resumo no que fales de todo o que aconteceu no capítulo.
2º) Debuxa a Sétima e a Catrovecesdúas mantendo unha conversa e ten coidado coas súas patas.
CAPÍTULO IV: CORNUCOPIA
1º) Elabora un resumo.
2º) Xa descubriches que ás moscas encántalles pensar. Debuxa a Cornucopia tendo seis pensamentos, por exemplo: sobre a vida na casa de Bruxa, sobre que faría se fose outro animal, se vivise noutro lugar...
3º) Fai un conxuro para evitar que as moscas se poñan pesadas ou para que desaparezan da túa casa. Pensa tamén unha poción máxica con todos os ingredientes que vas a utilizar e a súa elaboración.
Recordade que esta actividade é para hoxe e todo o fin de semana, non a fagades á presa que hai tempo.
Sede curiosiños e facede un bo traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario