Boas rapazas e rapaces!
A semana pasada estivéchedes pensando en actividades que facedes ao longo do día e en se son ou non imprecindibles.
Hoxe toca seguir pensando en ...
Que se vos ocorre
facer para aforrar enerxía?
Pensade que, ademais de nas vosas casas, tamén podedes aforrar enerxía no transporte, na escola,
etc.
Elaborade un cartel informativo de boas prácticas con cousas que estean na vosas mans facer para aforrar enerxía.
Se necesitades algo de axuda, premede na bombilla.
Se necesitades algo de axuda, premede na bombilla.
Estaría xenial que acompañarades cada idea que se vos ocurra cun debuxo, coma por exemplo este:
O cartel podédelo facer na libreta de Ciencias Naturais, nun folio ou en Canva e podédelos mandar por correo ou por WhatsApp, para que todos e todas poidamos comezar a poñer en práctica todos eses consellos.
Aquí tendes os enlaces:
O vídeo de hoxe é de baile:
Moitos bicooos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario