jueves, 9 de abril de 2020

SORPRESA!!

Hoxe, non toca traballar, se non que toca pasalo ben toda a famila reunida. E, como imos lograr iso? Pois con algo que levades pedindo durante moito tempo...
Sabedes o que é?


Si! Tendes un scape game preparado! Algunhas preguntas que vos faredes son:

- Cando o podemos facer?
Hoxe, as 18:30 h o colgarei. Comprobarei cal foi a primeira familia en escapar da casa... Quen o logrará?

- Hai que facelo en familia?
O mellor é que si; está preparado para que vos axuden os maiores.

- Precisamos algo para facelo?
Folio, lápis, calculadora e un móbil para mandar unha foto á mestra.

- Que pasa se non o facemos a esa hora?
Non pasa nada, quedará colgado para que o fagades cando queirades. 

- De que é a foto que hai que mandar?
Será unha foto de familia, na que aparezan os e as participantes no xogo. Estas fotos as subiremos ao blogue resaltando as e os gañadores.


E finalmente, tendes que ter gañas de pasar unha tarde entretida coas vosas familias.

Unha aperta enormeeeee


No hay comentarios:

Publicar un comentario