martes, 21 de abril de 2020

ACTIVIDADE NATURAIS 4


Bos días! Acordádesvos da horta do cole? Siiiiii, verdade?
E lembrades que foi o que plantamos nel?




Imos facer un recordatorio. O primeiro que plantamos foron uns repolos e coliflores, logo, comezaron a nacer uns allos que quedaron do ano pasado. Uns días máis tarde, tamén plantamos cebolas e porros e,  por último, unhas patacas. Tamén naceu algunha leituga que debeu quedar tamén do ano pasado. Moitas cousas, verdade? 

Pois o que imos facer hoxe, é o seguinte:

- Ides elexir unha das verduras e facer unha ficha sobre ela (conseguiredes a información preguntando á vosa familia, e buscando en internet). Nesa ficha terá que aparecer o seu nome, a época na que se sementa ou se planta, os coidados que precisa (rego, luz, humidade...), as propiedades que nos aporta o seu consumo e, por suposto, un debuxo ben bonito.


Estes son dous exemplos, pero podedes facelo, como máis os guste a vós:






Lembrade que o traballo ten que ser en galego aínda que vos puxen un exemplo que está en castelán.


Hoxe, para rematar non temos un vídeo. Ides pensar e debuxar unha mascota para a horta. Ten que estar feita en tamaño folio e deberá ser un debuxo orixinal, colorido e que represente algunha hortaliza ou verdura. Por suposto, tamén teredes que poñerlle un nome. 

A ficha da verdura que elixades facer, podedes realizala nun folio ou en Canva e cando teñades os dous traballos feitos os mandades ao correo.

Para mandar ao correo os traballos que fagades a man e bo que utilicedes unha app no teléfono ou na tablet para escanear, por exemplo CamScanner (que é mooooi fácil de utilizar) en vez de sacar unha foto, xa que así se pode ver mellor o traballo realizado, que nalgúns casos é un pouco complicado.
Os móbiles soes incluír esta APP dentro da carpeta de FERRAMENTAS. Botádelle un vistazo.

O traballo de Snappet para hoxe é:

> Lengua castellana
> Lecciones
> Gramática: los adjetivos.

Ata mañá! Bicoooos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario