jueves, 16 de abril de 2020

QUE FERMOSO É LER

O próximo xoves 23 é o DÍA DO LIBRO. Xa que non estamos na clase para poder celebrar esta data tan sinalada, farémolo igual dende as nosas casas. 
Como o imos facer? Pois cada un de vós poderá escoller como quere homenaxear ao libro. Aquí vos damos algunha idea:

  • Lectura dun poema relacionado coa lectura ou os libros.
  • Creación dun slogan e gravación do mesmo en vídeo.
  • Creación dun anuncio animando a ler, en vídeo ou en papel.
  • Facer un vídeo contando cal é o voso libro preferido e por que.
  • Gravación en vídeo ou audio dun refrán.
  • Cartel cun refrán, poema...sobre o libro.
  • Gravación dunha adiviña inventada ou non sobre o libro.
  • Cartel informativo sobre que o 23 de abril é o día do libro.
  • ... e todo o que se vós poida ocorrer.

O día 23, colgaremos todas as vosas aportacións.
Aquí tendes un adelanto da mestra Fátima:


Ademais, como nestas clases hai nenas e nenos aso que lles gusta moito escribir, vós convidamos a que inventedes un conto. A temática será escollida por vós. Se pinchades na seguinte imaxe, levaravos a unha páxina na que vós ensinan a encadernar. 
Rétovos a que fagades o voso conto, o encadernedes seguindo unha destas técnicas ou outra que saibades. 
Podedes mandar un vídeo lendo o conto, unha foto do mesmo, un audio...o que vós queirades.
Recordade que para escribir un conto hai que primeiro pensar o tema e organizar un pouco as ideas.
Se pinchades aquí veredes a entrada que fixeron algúns compañeiros/as sobre como traballar un conto.
Veña animádevos a facer as dúas actividades que tendes unha semana enteira para facelas!


O traballo de Snappet para hoxe é:
> Matemáticas
> Lecciones
> Números romanos


E o regalo para hoxe está pensado para as e os que botades de menos xogar ao fútbol.
Aquí tendes un adestramento completo. Coidado co balón!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario