Bos días! Hoxe é o "DÍA DO LIBRO" e a parte de ver todos os traballos que fixéchedes para este día, tamén ides seguir avanzando no traballo do libro de lectura.
4ºA: O QUE NUNCA CHE CONTARON
Capítulo V: A repartidora de onomatopeas.
1º) Que era o que lle gustaba A Morgana?
2º) Que levaba ás vilas que visitaba?
3º) Quen lle pasou este oficio?
4º) A quen llo pasará ela e cando?
5º) Cal era o tempo máximo que podía estar nunha vila repartindo onomotaopeas?
6º) Cando decidiu cambiar o tipo de onomatopea e chegou á vila nova, cal foi a primeira omopatopea que repartiu?
7º) Que conseguiu cos rapaces cando ao avó prendía lume e lanzoulle un chispear?
8º) Enumera algunhas das situacións ás que Morgana lles puxo son.
E, o traballo sobre este capítulo é moi curto. Recordade facela en medio folio igual que os traballos anteriores:
1º) Elabora unha portada para este capítulo.
2º) Busca 10 onomatopeas e fai un debuxo de cada unha delas amosando cando se usan. Como moito en cada folio poden aparecer cinco debuxos. Esmerádevos que é moi pouco hoxe.
4ºB: BRUXA E FAMILIA
Logo de ler os capítulos VI e VII, na libreta de Lingua Galega contestaredes as seguintes preguntas:
CAPÍTULOS VI e VII:
1ª) No primeiro parágrafo do capítulo VI, atopa un grao do adxectivo. Que tipo de grao é?
2ª) Que premio pedía o guerreiro?
3ª) De cantas vilas e aldeas foi rei o guerreiro?
4ª) Que lle pedía Nebra ao guerreiro?
5ª) Que lles pasa ás escolopendras desde que encolleron?
6ª) Por que Bruxa le puso ao rato o nome de Caruso?
E aquí tendes o traballo destes dous capítulos:
1º) Elabora a portada.
2º) Fai un resumo de cada capítulo como xa estades a facer cos anteriores.
CAPÍTULO VI: PÉRFIDA
3º) Pensa nun animal e inventa unha pequena canción coma a que cantou Nebra para que as escolopendras se fixeran pequenas. Nas vosas cancións o voso animal pode facerse grande, cambiar de cor... o que vos queirades.
CAPÍTULO VII: CARUSO
4º) Busca cinco nomes de cantantes de ópera masculinos e cinco femininos. Escríbeos ben bonitos. Cambiaríaslle a Caruso o seu nome por algún deles? Por cal?
Finalmente, o traballo para SNAPPET é:
> Lingua galega
> Lección
> Gramática
> Artigo determinado e indeterminado
Mirade a seguinte entrada para ver todos os vídeos que nos chegaron para a conmemoración do Día do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario