viernes, 8 de mayo de 2020

AS PAISAXES

Bos días!
Estades preparadas e preparados para o voso primeiro exame vía Internet?
Seguro que si, que sabemos que no fondo, vos gustan moito os exames.
Como o faremos? Picaredes na preciosa imaxe do voso pobo que vos deixamos aquí abaixo. Abrirase unha nova ventá na que aparecerá un cuestionario. Non esquezades poñer o voso nome e apelidos en canto volo pida! De non ser así, aparecerá como que non o fixestes.
Teredes 20 segundos para contestar cada pregunta e unha vez pasado ese tempo, aínda que non estea contestada, cambiará á seguinte pregunta.
Só podedes facer o cuestionario unha vez. Aínda que o fagades máis veces, quedarémonos coa primeira nota que saquedes; non sería xusto para o resto.
É obrigatorio facelo hoxe.



Moi boa sorte a todas e todos!
Cando rematedes a proba, mirade a seguinte entrada que tendes o traballo de hoxe.

O código que teredes que introducir é: 090831





No hay comentarios:

Publicar un comentario