viernes, 1 de mayo de 2020

PAISAXES

Bos días!

Xa rematamos de traballar as paisaxes, posto que o seguinte paso é facer unha pequena proba igual que facemos na escola. 

Comezamos, o día de hoxe, visualizando estes vídeos para recordar o dado:
PAISAXE DE CHAIRA

PAISAXE DE MONTAÑA


PAISAXE DE COSTA



Unha vez que xa recordamos un pouco os tipos de paisaxe, imos intentar responder a estas preguntas de forma oral. Podedes apuntar a letra da resposta correcta para comprobar, unha vez que rematedes se o fixestes ben ou non.

TIPOS DE PAISAXE

PAISAXES DE CHAIRA

PAISAXES DE COSTA

PAISAXES DE MONTAÑA

Que tal vos saíu? Seguro que ben.
O que tendes que facer dende hoxe ata o venres que ven, é repasar estas preguntas todos os días. O exame será o venres próximo así que tendes tempo dabondo para estudar.
Utilizaremos un quiz (cuestionario) e daremos 20 segundos para resolver cada pregunta asi que hai que sabelo moi ben. Serán preguntas sinxelas coma sempre, non vos preocupedes.

Hoxe non hai traballo de SNAPPET, so vos pedimos que vos poñades ao día co que teñades sen facer.

Vimos polas redes que a Federación Deportiva Municipal do Concello de A Illa fixo esta marabilla para conmemorar o Día Internacional da Educación Física.  
Nós ímonos animar a facelo, e vós?


Hoxe, 1 de maio, poderiamos ir a ver os maios que fan algúns coles e asocicacións. 
Como nos toca estar na casa, premede na imaxe e teredes uns xogos que tratan sobre os maios.



Unha aperta enorme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario