martes, 5 de mayo de 2020

PREPARAMOS AS LETRAS GALEGAS?

Bo día! O próximo día 17 de maio celébrase o "Día das Letras Galegas". Un día que se homenaxea a persoas que destacan polas súas creacións literarias en galego ou pola súa defensa de dita lingua.  Este ano  está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, quen logrou que se lle dera importancia á historia da literatura galega. Se premedes na imaxe, poderedes ler a súa biografía, que seguramente vos axudará a realizar o traballo que faredes para este día tan sinalado. 


Agora podedes ver o seguinte vídeo e comprobar o que sabedes sobre o autor.



E agora, que ides facer? Pois aquí vos deixamos algunha proposta, para que elixades a que máis vos apeteza facer:

  - Realizar un cartel informativo sobre este día, que poderedes colocar nalgunha ventá ou balcón da vosa casa.
    - Escribir e decorar a vosa palabra preferida en galego.
    - Escribir unha frase relacionada con este día.
    - Facer un debuxo do autor.
    - Elaborar un cartel co título dalgunha das súas obras e decorala.
    - Crear un cartel cun poema do autor.


Unha vez relizado o voso traballo, tendes que sacarlle unha foto EN HORIZONTAL ou escanear a imaxe e mandala ao correo.

O último día para mandarnos as vosas creacións será o próximo martes 12 de maio. Os traballos que se entreguen despois dese día, non se incluirán na presentación que se faga. 


O día 17 , poderedes ver todo o que fixéchedes .

O traballo de Snappet para hoxe é:
> Lingua galega
> Lecciones
> Acentuación
> Acentuación en agudas

IMPORTANTE: ESTUDIADE E REPASADE O TEMA DAS PAISAXES PARA O EXAME DO VENRES.


Por último, mirade o seguinte vídeo e se vos animades a facer algún, non dubidedes en madalos para que tod@s os poidamos ver.


Unha aperta e moitos bicos. Ata mañá!

No hay comentarios:

Publicar un comentario