jueves, 14 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS

O domingo día 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas e, como sabedes este ano, dedícase a Carvalho Calero.
Se picades na súa foto, aprenderedes un pouco máis sobre a súa vida.

Agora, na libreta de lingua contestaredes ás seguintes preguntas. Todas as respostas aparecen nas fotos anteriores:

1º- Carvalho Calero dedicou o súa vida a un montón de traballos diferentes. Nomea os que aparecen.
2º- Onde naceu Ricardo Carvalho?
3º- Quen e como lle aprenderon a ler?
4º- Que carreira universitaria fixo en Santiago?
5º- En que grupo entrou Ricardo ao chegar a Santiago?
6º- A cantos anos de cárcere foi condenado? Cantos cumpriu?
7º- Cando voltou a Galicia onde comezou a traballar?
8º- Cal é o título da primeira novela publicada en galego despois da Guerra Civil?
9º- Cando e onde se publicou "As pitas baixo a choiva"?
10º- Que editorial e en que ano se publicou "Catro pezas"?
11º- En que instituto comezou a traballar no ano 1965?
12º- Que libro publicou Galaxia en 1966?
13º- Ricardo cre que o galego é unha variante de que lingua?

Agora que xa sabedes un montón de cousas sobre el, tendes aquí dous xogos que vos gustarán:



E, para rematar un Scape Room que fixeron dúas mestras para que poidades desfrutar un pouco máis deste gran escritor:



Hoxe xa traballastes dabondo así que hoxe non hai Snappet, salvo que teñades algo atrasado...

No hay comentarios:

Publicar un comentario