viernes, 22 de mayo de 2020

ESPAÑA

Hoxe imos descubrir cales son as comunidades autónomas nas que se divide España. Xa sabedes que son 17 e que cada unha delas está formada por provincias.
Agora vos deixamos unha descrición de cada comunidade autónoma e, o que tendes que facer e descubrir onde está situada coas indicacións que vos damos.
No caderno poredes os números do 1 ao 17, un debaixo doutro e, ao lado, o nome da comunidade autónoma:



CASTELA E LEÓN: é a comunidade autónoma máis grande de España. É totalmente de interior. Ao oeste ten Portugal e está formada por 9 provincias.

GALICIA: situada ao noroeste da Península Ibérica. É a única comunidade autónoma bañada polo Mar Cantábrico e o Océano Atlántico. Ten catro privincias.

ILLAS BALEARES: é un arquipélago situado no Mar Mediterráneo formado por 5 illas.

A RIOXA: é unha das comunidades uniprovinciais de España (que só teñen unha provincia). Está situada ao norte e é unha comunidade que non ten costa.

MADRID: é unha das comunidades uniprovinciais de España ademais de ser a capital de España por situarse xusto no medio. 

ASTURIAS: é unha das comunidades uniprovinciais de España. Está pegada a Galicia e está bañada polo Mar Cantábrico.

CASTELA A MANCHA: é unha comunidade de interior bastante grande. Tres provincias desta comunidade están pegadas a Madrid.

CANTABRIA: é unha das comunidades uniprovinciais de España. Está no norte de España. Ten costa e está pegada a Asturias.

CATALUÑA: Situada ao noreste da Península Ibérica formada por catro provincias e bañadas tres delas polo Mar Mediterráneo.

NAVARRA: está situada no norte da Península Ibérica. Está pegada aos Pirineos e está formada por unha soa provincia.

COMUNIDADE VALENCIANA: está formada por tres provincias bañadas polo Mar Mediterráneo situadas ao este da península.

ILLAS CANARIAS: arquipélago formado por sete illas situadas no Océano Atlántico, moi preto de África.

EXTREMADURA: comunidade de interior pegada a Portugal e formada por soamente dúas provincias. 

MURCIA: é unha das comunidades uniprovinciais de España. Situada no sur de España.

PAÍS VASCO: sitúase no norte, está bañada polo Mar Cantábrico e ten 3 provincias.

ARAGÓN: comunidade formada por tres provincias. Esta comunidade está rodeada por outras seis comunidades autónomas.

ANDALUCIA: outra das comunidades máis grandes de España. Situada no sur de España e formada por 8 provincias.


Agora que xa sabedes cal é cada comunidade o que tendes que facer é xogar e xogar ata que saibades ben onde está cada unha delas situada.

  XOGO 1        XOGO 2        XOGO 3        XOGO 4        XOGO 5


O traballo de SNAPPET é:
> Lingua galega
> Lección
> Gramática
> Pronomes tónicos. (Facede ata o exercicio 3d. Atentas/os á explicación.)


No hay comentarios:

Publicar un comentario