viernes, 29 de mayo de 2020

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Bos días!! 
Hoxe volvemos a traballar co mapa de España. O que tendes que facer e fixarvos cantas provincias forman cada comunidade. Antes de nada, buscaredes no dicionario a palabra PROVINCIA e copiaredes a definición na libreta. 
Poredes de título na libreta de lingua AS PROVINCIAS DE ESPAÑA e, debaixo a definción.

Agora que xa sabemos o que son as provincias quero que miredes detidamente este mapa.

Que imos facer? Pois para comezar imos centrarnos no número de provincias que ten cada comunidade.
Para iso, escribiredes os nomes das comunidades un debaixo doutro e iredes escribindo ao lado o número de provincias que ten cada unha delas.
Para que sexa máis gráfico e vistoso imos elaborar unha gráfica. Xa fixemos algunha o ano pasado. Póñovos un vídeo para que recordedes.

É importante que o fagades despaciño e intentedes que as columnas ocupen os mesmos cadriños todas. Recoméndovos que poñades a libreta en horizontal para que vos caiba todo.

Unha vez rematada a gráfica tendes que buscar en Internet como se chaman as provincias de cada comunidade e escribilas.
Eu vos ensino como tendes que facer:
- GALICIA: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

- ASTURIAS:

Podedes poñer os nomes das comunidades en cores para que quede precioso!

Agora vos deixo un vídeo para que comprobedes se as puxestes ben.


O traballo de SNAPPET para hoxe é:
> Matemáticas 
> Lecciones
> Medida
> Kilo, medio kilo, cuarto de kilo


No hay comentarios:

Publicar un comentario