viernes, 15 de mayo de 2020

ESPAÑA

Bos días, hoxe imos falar de España, o país no que vivimos. A información máis relevante está aquí abaixo. Pasade o rato por riba dos iconos.




A información que aparece é moi pouca e ademais xa coñecida por vós na súa maioría.

O que quero que fagades é un cartel no que apareza toda a información. Recordades como fixestes os carteis dos invertebrados o ano pasado? Con debuxos e algunha palabra explicábamos toda a información. Esta forma é a que tendes que utilizar para enviar o traballo. Se pinchades na palabra EXEMPLO veredes esa publicación e así vos faredes unha idea do que se pide.
Se queredes engadir algo de información tamén podedes, por suposto.




Hoxe non teredes actividade de Snappet, así que por favor, o que non teñades feito, facédeo...

Ademais, gustaríanos que nos mandarades por mail, as actividades das fraccións que tendes na libreta.
Na columna da dereita do blogue, na parte de abaixo pon ETIQUETAS. Buscade matemáticas e pinchade. Agora estaredes vendo todas as entradas que se fixeron desta materia. 
Revisade se as tendes todas feitas.
Se queredes mandar máis exercicios de mate para correxir tamén o podedes facer.
Sacades fotos e as adxuntades TODAS XUNTAS nun mail para que as mestras non toleen recibindo miles e miles de mails 😂

Moitas grazas a vós e as vosas familias!

Moreas de bicos!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario